Non haberá baños na praia, como mínimo, ata mediados de xuño
Por Alejandro Espiño
A tempada estival está ao virar a esquina e moitos, tras anunciar onte á noite Pedro Sánchez as fases da desescalada, comezaron a pensar en se este verán poderemos ir ás praias e de que forma. Para o primeiro hai resposta, para o segundo haberá que esperar.
Segundo consta no documento facilitado polo Goberno, as praias non poderán reabrir ao público ata a fase tres desta desescalada, cuxo comezo está previsto inicialmente, se se cumpren as condicións sanitarias e a epidemia está controlada, para o 8 de xuño.
Deberá facerse, sinalan desde Sanidade, en condicións de seguridade e distanciamento social.
Antes desa data, en todo caso, non estarán autorizados os baños nos areais de toda España nin tombarse nelas a tomar en sol.
Tampouco estará permitida a estancia nas praias, salvo que os concellos autoricen os paseos por elas, como pasou desde esta fin de semana cos menores de 14 anos.
En todo caso, desde esa data só se poderán visitar praias que estean situadas en nosa mesma provincia de residencia, xa que os desprazamentos intraprovinciais non estarán autorizados ata a fase final da desescalada.
Por agora, o Goberno non deu detalles sobre como será este regreso dos cidadáns ás ou, entre outras cuestións, se haberá limitación de aforo, zonas acoutadas como propoñen algúns alcaldes ou se se reforzarán as medidas de hixiene.
Relacionadas:
-
Os concellos da ría esperan a axuda da Xunta e a evolución do estado de alarma para preparar a tempada de praias
Por Manu Otero |
-
Investigadores do CSIC ven "moi pouco probable" infectarse da COVID-19 con baños en praias ou piscinas
Por Redacción |
-
Establecen tres franxas horarias limitadas para pasear a partir deste sábado 2 de maio
Por Redacción |
-
Velorios e vodas poderán celebrarse, con certas restriccións, a partir de mediados de maio
Por Alejandro Espiño |
-
A reapertura dos ximnasios será progresiva, cun tercio do aforo e sen vestiarios
Por Alejandro Espiño |
-
Negocios con cita previa, como salóns de peiteado ou fisioterapeutas, poderán abrir a partir do luns
Por Alejandro Espiño |
-
O lecer nocturno, pubs e discotecas, entre os últimos en retomar a súa actividade
Por Alejandro Espiño |
-
As visitas a casa de familiares e amigos, se viven na mesma provincia, serán posibles desde o 11 de maio
Por Alejandro Espiño |
-
As librarías e os museos, os primeiros en abrir no sector cultural; cines e teatros terán que esperar
Por Alejandro Espiño |
-
Comercios, hoteis e bares con terraza abrirán o 11 de maio; restaurantes, a finais de mes
Por Alejandro Espiño |
-
Non haberá clases presenciais ata setembro e os colexios só abrirán "como excepción"
Por Alejandro Espiño |
-
Sánchez sitúa a "nova normalidade" a finais de xuño tras unha desescalada en catro fases
Por Alejandro Espiño |