Ponte Caldelas ofrece navegar gratis en piragua polo río Verdugo
Por Redacción
O Concello de ponte Caldelas ofrece a posibilidade de navegar gratis en piragua polo río Verdugo durante unhas xornadas divulgación deste deporte e a súa relación co medio que terán lugar o próximo venres día 9 de agosto, entre as 16 e 20 horas, nas inmediacións da pasarela de madeira.
A actividade estará coordinada por monitores do Club de Piragüismo Vilaboa e pretende servir de alternativa de lecer para aquelas persoas que queiran gozar dunha tarde de convivencia no ámbito do río Verdugo ao tempo que se introduce na práctica deste deporte.
A inscrición, totalmente gratuíta, deberá realizarse nas oficinas municipais e o prazo de inscrición remata o próximo xoves, ás 14 horas. As persoas que queiran anotarse nesta experiencia deberán ter unha idade superior aos 7 anos.
Os participantes nesta experiencia poderán coñecer distintos tipo de piraguas, canoas, kaiaks, autovaciables, etc. así como as distintas técnicas empregadas polos padexeiros para facer avanzar estas embarcacións polo río Verdugo.
MONITORES EXPERIMENTADOS E MATERIAL DE SEGURIDADE
Os monitores poñerán a disposición das persoas inscritas tanto material de seguridade, como chalecos salvavidas, pas e as propias embarcacións. Ademais, serán os encargados de realizar as indicacións apropiadas para permitir unha aprendizaxe segura do manexo das embarcacións.
O circuíto do río elixido para realizar esta actividade terá como embarcadoiro a plazoleta de pedra, anexa ao Mercado de Abastos, xunto á pasarela de madeira e a zona do río para practicar este deporte se mantedrán nas inmediacións da ponte de Ponte Caldelas.