Alumnos e profes do Príncipe Felipe pásano "pipa" en Ponte Caldelas
Por Redacción
Un centenar de alumnos e profesores da Escola Fogar, integrada na Cidade Infantil Príncipe Felipe celebraron por quinta vez consecutiva a súa xornada de convivencia en Ponte Caldelas.
Uns días de encontro e desfrute co medio natural e, en especial, co río Verdugo con rutas a cabalo, paseos polo río en kaiak e actividades na zona de xogos instalada na área recreativa da Calzada e baño na praia fluvial.
Entre as razóns esgrimidas pola comunidade escolar para escoller a Ponte Caldelas como escenario desta xornada de conviencia é "pola paraxe magnífica que nos rodea e que nos ofrece multitude de posibilidades de lecer cunha ampla zona de xogos, zona de baño excelente e nada perigosa, sombra abundante, servizo de bar e aseos, doado acceso, proximidade ao núcleo urbán", entre outras razóns.
Pola súa banda, o alcalde, Perfecto Rodríguez, destacou o feito, cada vez máis habitual, de que "quen visita Ponte Caldelas non só repite senón que nos recomenda para que máis xente veña a coñecernos".