Baixa o paro rexistrado en Pontevedra en 4.691 persoas en xuño
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/51fb94d7a6569-datoscomarcales.jpg)
© Fuente: Xunta de Galicia
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/51fb9503ada6a-datoscomarcaarousa.jpg)
© Fuente: Xunta de Galicia
O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) baixou en 4.691 parados menos no mes de xuño na provincia de en Pontevedra.
En Galicia o desemprego descendeu en 12.332 persoas en xullo, o que representa unha caída do 4,51% respecto a xuño.
Desta forma, o paro alcanza a un total de 261.102 persoas na Comunidade galega, segundo informou este venres o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
E a nivel nacional, o número de parados rexistrados baixou en 64.866 persoas en xullo, un 1,36% respecto a xuño, e encadea cinco meses de caídas, a primeira vez que isto sucede dende 2007.
Con este retroceso, o número de parados baixa ata os 4.698.814 desempregados, segundo informou este venres o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
LOUZÁN: "ESTAMOS NO CAMIÿO CORRECTO"
O presidente da Deputación provincial, Rafael Louzán, amosou a súa satisfacción con estes datos nos que baixa o paro na provincia de Pontevedra e indicou que "isto amosa que hai un cambio de tendencia. Estamos no camiño correcto, aínda que mentres o nivel de paro sexa tan elevado non hai lugar para o triunfalismo pero si para ser positivos"