VIDEO.- A comunidade escolar do IES Mestre Landín baila xunta para manter o seu vínculo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Nun tempo no que o coronavirus paralizou gran parte da actividade do país, non deixan de sucederse os vídeos de ánimo. Un dos colectivos máis activos neste ámbito é o educativo.
Numerosos traballos conxuntos están a agromar polas redes sociais. Un deles, difundido desde hai pouco, é o da comunidade escolar do IES Mestre Landín de Marín.
O alumnado e o profesorado bailan xuntos a canción do coronavirus, cada un deles desde o seu propio domicilio.
Desde o instituto aseguran que buscan así que os estudantes sintan a proximidade dos seus docentes e afronten unidos este tempo de illamento.