VÍDEO.- O profesorado do IES Sánchez Cantón invita a vivir sen medo
Por Redacción
Un importante número de docentes do Instituto de Ensino Secundario Sánchez Cantón elaborou un vídeo para trasladar ao alumnado consellos e unha imaxe positiva nestes días de confinamento.
O vídeo mostra un avión de papel que vai percorrendo os domicilios dos profesores cunha mensaxe diferente en cada vivenda. Trasládanse propostas optimistas e lémbrase aos estudantes que para atopar solucións é necesario buscar e investigar.
A música de Rosana co seu tema 'Sin miedo' soa de fondo ata que irrompe unha versión do xa habitual 'Resistiré'. Este traballo editado polo profesorado xa circula por redes sociais coa idea de animar á comunidade escolar durante esta corentena.
Relacionadas:
-
VÍDEO.- "Nunca choveu que non escampara", o berro de ánimo da comunidade escolar do CEIP Parada-Campañó
Por Redacción |
-
VÍDEO.- A ANPA do CEIP de Marcón, convencida da vitoria ante o COVID-19, a ritmo de Raphael
Por Redacción |
-
VÍDEO.- O alumnado do colexio Doroteas anima a seguir quedándose na casa
Por Redacción |
-
VIDEO.- Familias do colexio Vilaverde animan a corentena cun divertido vídeo
Por Redacción |
-
VÍDEO.- O CEIP A Laxe anima a quedarse na casa a través dun divertido vídeo
Por Redacción |