Denuncian acoso sobre os traballadores afiliados a CC.OO. nos Supermercados Moldes
Por Anxo Lourido
A empresa non responde cando solicitan días para ir ao médico ou días de libre disposición, denéganse as horas sindicais, sofren situacións de acoso cando se encontran realizando determinadas accións no traballo... estas son algunhas das queixas que manifestan os delegados sindicais ou os empregados que están afiliados a Comisións Obreiras (CC.OO.) dentro dos Supermercados Moldes.
O sindicato denuncia que esta persecución se vén producindo dende que esixiron o cumprimento das 40 horas semanais cando antes se superaban en máis de dez e culpan sobre todo desa actitude a Francisco "Sasi" Moldes, un dos dous xerentes da cadea de supermercados e ex presidente da Cámara de Comercio, de quen afirman que "vai a provocar no posto de traballo", segundo manifestou José Luis García Pedrosa, secretario comarcal de CC.OO.
Un dos delegados deste sindicato foi sancionado con 10 días de emprego e soldo por solicitar e tomar dous días de libre disposición dos catro cos que conta, tras non recibir resposta por parte da empresa.
Ante esta situación, CC.OO. anuncia que vai iniciar actos de protesta a partir da próxima semana e que presentarán unha demanda contra a empresa por atentar contra a liberdade sindical.
A empresa "desminte con rotundidad" estas acusacións. O Grupo conta con 20 supermercados e máis de 400 traballadores na provincia.