Un condutor despistado atropela un neno no centro de Caldas
Por Redacción
En torno ás 10 horas no centro de Caldas, un menor era atropelado por un turismo na rúa Juan Fuentes á altura do número 29 nun paso de peóns. Segundo informaba o Servizo de Emerxencias do 112, o atropelo producíase por un condutor que se dirixía en dirección a Vilagarcía de Arousa.
Segundo fontes da Policía Local, estanse a investigar as causas do accidente pero todo parece indicar que o condutor, de avanzada idade, circulaba despistado e non se decatou de que o neno cruzaba polo paso de peóns.
Ata o lugar desprazouse unha ambulancia do 061 que trasladou ao menor ata o Hospital Provincial.