A Pontevedra deserta polo coronavirus
Por moito que a inmensa maioría de pontevedreses interiorizáramos as medidas de confinamento decretadas polo Goberno pola emerxencia sanitaria do coronavirus, non deixan de sorprendernos as imaxes que esta corentena deixa a diario en Pontevedra.
A Boa Vila, a cidade das persoas, ten as súas rúas e prazas desertas a todas horas. E os seus comercios, todos pechados.
O bulicio dos cidadáns que ocupan normalmente os espazos públicos deu paso ao silencio, só interrompido polos pasos dos que saen de casa a traballar ou a comprar produtos de primeira necesidade ou polo ruxido dos motores dos coches de emerxencias.
Prazas como A Ferrería, sempre cheas de nenos e nenas coas súas familias, foron agora colonizadas de maneira exclusiva polas pombas que, a recado, pregúntanse onde están os centos de cidadáns que as alimentan a diario.
Lugares de tránsito, reunión ou compras como Michelena, Peregrina, Benito Corbal ou o centro histórico tampouco escapan deste baleiro obrigado polas circunstancias.
Pero unha cousa está clara. Volveremos. Claro que volveremos reclamar o noso espazo na cidade. Cando todo isto acabe, Pontevedra recuperará a vida nas súas rúas e, coas medidas de precaución que se establezan, aos poucos iremos retomando a normalidade.
Relacionadas:
-
Tonucci apela ao "xogo libre" como método para que os nenos superen a corentena
Por Redacción |
-
E que comen agora as pombas e gaivotas de cidade?
Por Manu Otero |
-
Que botas de menos do comercio local? Os centros comerciais abertos queren premiar a fidelidade da súa clientela
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Pontevedra ofrece aloxamento en hoteis a traballadores públicos que convivan con persoas de risco
Por Redacción |
-
Pontevedra supera os 200 casos activos por coronavirus, nove deles na UCI
Por Alejandro Espiño |