A Brilat desprega patrullas dunha punta a outra da cidade
A imaxe de patrullas da Brigada Galicia VII, Brilat, percorrendo a cidade de Pontevedra xa se fixo xa case cotiá desde a activación do estado de alarma para frear o avance do coronavirus. A Brigada despregou varios días por distintos puntos e este mércores, de novo, percorreu rúas dunha esquina a outra do centro urbano.
As unidades estiveron na contorna da Alameda e o centro histórico, unha zona na que xa estiveron varios días, pero tamén tamén se desprazaron cara á zona da Parda e Juan Carlos I e cara á avenida de Vigo, Eduardo Pondal ou as inmediacións das estacións de autobús e tren.
Durante a xornada deste mércores, ademais, patrullas de distintas unidades da Brigada despregáronse en Ourense e nas cidades asturianas de Oviedo e Xixón.
Este despregamento ten o obxectivo de recoñecer as zonas máis conflitivas e infraestruturas críticas en canto a riscos de contaxio e establecer unha ligazón sólida e eficaz con autoridades locais para facilitar os labores de presenza e vixilancia de militares na cidade en caso de incumprimentos das medidas establecidas polo estado de alarma decretado polo Goberno a nivel estatal.
Esta actividade da Brilat realízase no marco da operación Balmis, que coordina o Mando de Operacións, relativa ao despregamento das Forzas Armadas en toda España para loitar contra a pandemia producida polo virus COVID-19. Na cidade e noutras zonas como Vilagarcía ou Poio, ademais destas tarefas de vixilancia tamén realizaron traballos de desinfección de infraestruturas críticas como centros de saúde ou residencias da terceira idade.
Despregamento da Brilat en distintas zonas de Pontevedra polo estado de alarma
As unidades estiveron na contorna da Alameda e o centro histórico, unha zona na que xa estiveron varios días, pero tamén tamén se desprazaron cara á zona da Parda e Juan Carlos I e cara á avenida de Vigo, Eduardo Pondal ou as inmediacións das estacións de autobús e tren
© Diego Torrado