Montecelo celebra unha sesión técnica formativa sobre a xestión do coronavirus
Por Oskar Viéitez
O Hospital Montecelo acolleu este venres unha sesión técnica formativa para profesionais sobre a xestión do coronavirus.
Foi impartida pola unidade de Prevención de Riscos Laborais e o servizo de Medicina Preventiva, dita xuntanza reuniu a xefes de servizo, de unidade e coordinadores de Atención Primaria, así coma a xefes de servizos hospitalarios, supervisoras de enfermería e xefes de servizos non sanitarios -hostalería, mantemento, etc-.
Cara á vindeira semana, os diferentes responsables da Área Sanitaria organizarán nos seus respectivos servizos xornadas de formación para o conxunto do persoal sobre o manexo do coronavirus.
Así mesmo, a unidade de Prevención de Riscos Laborais da Área Sanitaria dará seguemento a un calendario de formación sobre o manexo do coronavirus, en especial para a UCI e a unidade de Reanimación postcirúrxica, entre outras unidades asistenciais.
Lémbrase que a Consellería de Sanidade ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116 para informar e resolver dúbidas sobre o coronavirus. En calquera caso, para persoas con sintomatoloxía -tos, febre, sensación de falta de aire- e que volvesen de zonas de risco ou tivesen contacto con alguén que estivera nalgún deses lugares, tamén está dispoñible o teléfono do 061 para efectuar consultas.
Relacionadas:
-
Confirmado o primeiro caso positivo por coronavirus en Pontevedra
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Galicia restrinxe a visita a hospitais e limita os grandes eventos ante a expansión do coronavirus
Por Alejandro Espiño |
-
Suspenden polo coronavirus os Xogos Nacionais de Trasplantados que se ían celebrar en Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
As precaucións polo coronavirus chegan ás celebracións relixiosas da comarca
Por Redacción |
-
A Xerencia asegura que esta Área Sanitaria está preparada para afrontar o coronavirus
Por Oskar Viéitez |
-
Profesionais sanitarios denuncian a "neglixente" actuación do Sergas ante o coronavirus
Por Redacción |