A Deputación de Pontevedra convoca un novo curso de español para personas inmigrantes
A Deputación de Pontevedra promoverá a realización dunha nova edición do curso de español para inmigrantes en Pontevedra e Vigo. A actividade formativa está dirixida a aquelas persoas que desexen superar o exame DELE A2, indispensable para obter a nacionalidade española.
A Deputación comezou hai tres ano esta iniciativa para axudar as persoas que non podían cubrir o costo de inscrición do examen.
O curso en Pontevedra celebrarase do 18 ao 29 de Maio, con sesións de repaso do 7 ao 10 de setembro. Desenvolverase no edificio administrativo da Deputación de Pontevedra e constará de 40 horas e unha capacidade de 20 prazas. Os participantes deben ser inmigrantes en situación administrativa regular, maiores de 16 anos, que necesiten superar o exame DELE A2 para a obtención da nacionalidade española.
Os cursos estarán impartidos por persoal docente do Centro de Linguas da Fundación Universidade de Vigo e, tras finalizar o período de formación, o alumnado examinarase da proba DELE A2 o 11 de setembro (no caso das persoas que o realizaron en maio) e o 14 de novembro en Vigo.
As solicitudes para participar nestas actividades deberán presentarse no rexistro xeral da Deputación, en calquera das súas oficinas e no rexistro electrónico (sede.depo.gal) no prazo do 4 ao 25 de marzo.