A veciñanza de Ardán e Santomé de Piñeiro recibirá 200 novos composteiros
Por Redacción
Despois de repartir un cento de composteiros en Pardavila o pasado ano e outros tantos en Seixo o pasado mes, o Concello de Marín volverá a repartir 200 novas unidades, cedidas por Sogama, para aqueles que desexen implantar a compostaxe individual nas súas vivendas.
Os recipientes permitirán, segundo destaca o goberno municipal, ampliar o alcance deste modelo de xestión dos residuos orgánicos do municipio.
"Este modelo está a ter unha magnífica acollida", asegura a concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, que explicou que desta vez repartiranse cen composteiros en Ardán e outros cen en Santomé de Piñeiro.
O reparto comezará con 20 persoas que quedaron anotadas na lista de espera da última quenda, polo que terán prioridade á hora de recoller composteiros na primeira tanda.
Todos aqueles que teñan interese en coller unha unidade poderán anotarse no Concello, no departamento de Alcaldía, ben de maneira presencial ou ben escribindo un correo electrónico a alcaldia@concellodemarin.es.
O primeiro reparto realizarase o mércores, día 4 de marzo, ás 19.30 horas, na Casa de Cultura de Ardán. O seguinte será o luns, 23 de marzo, na Casa de Cultura de Santomé de Piñeiro.
Relacionadas:
-
Boa acollida dos composteiros individuais en Marín
Por Redacción |
-
Mostras de compost gratis para os veciños de O Sequelo e A Cañota de Marín que se acheguen aos centros de compostaxe
Por Redacción |
-
Activan a compostaxe comunitaria en Marín con dúas charlas de formación
Por Redacción |
-
Marín remata a roza nas Pedreiras e abre o prazo para pedir composteiros
Por Oskar Viéitez |
-
Marín estuda cinco zonas semiurbanas para instalar composteiros comunitarios
Por Redacción |