Ponte Caldelas amplía a Festa da Batalla a unha fin de semana completa
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas amplía a toda a fin de semana do 17 e 18 de agosto celebración da Festa da Batalla na que o teatro e a animación de rúa protagonizará durante os dous días o entretemento na Alameda e rúas do centro da vila.
Nesta ocasión a Feira Antiga do Camiño dos Arrieiros abrirase, xa a na mañá do sábado, e terá un especial contido goyesco a través de Temporarios, empresa especializada en ambientar mercados de época en toda España e que pretende cambiar a fisionomía de toda a vila de ponte Caldelas para somerxela nos primeiros días do século XIX.
Para iso, as rúas do ámbito da alameda estarán adornadas con pendóns de época, imaxes propias do momento e un colorido que contribuirá a animar esta festa que vai camiño de converterse en cita obrigada do verán pontevedrés.
A Alameda de Ponte Caldelas será de novo o escenario da Feira Antiga do Camiño dos Arrieiros coa situación de medio centenar de postos artesáns especialmente decorados de época goyesca onde se poderán admirar pezas únicas, froito da imaxinación destes creadores galegos.
Tamén haberá postos de comida, doces e todo tipo de repostaría da época co fin de facilitar e completar a oferta lúdica e festiva do fin de semana do 17 e 18 de agosto en Ponte Caldelas.
Aquelas persoas que queiran celebrar unha comida ou cea o sábado 17 ou unha comida particular o domingo 18 nas inmediacións do río Verdugo, entre a pasarela e o antigo Balneario, deberán solicitar autorización nas oficinas do Concello antes do 9 de agosto e deberán vestirse de época e adornar mesas, toldos e cadeiras con materiais nobres propios de comezos do século XIX e non poderán utilizar vaixelas nin elementos decorativos de plástico ou que desvirtúen a celebración.
RECREACIÿN TEATRALIZADA DA BATALLA
Nesta edición, o acto central da Festa dá Batalla será a recreación teatralizada que realizarán os veciños de ponte Caldelas a mañá do domingo 18 ataviados con traxes de paisanos e alarmas, así como os soldados franceses que representarán a invasión napoleónica de 1809.
Os organizadores manteñen en segredo o motivo da representación deste ano que promete ser diferente ás anteriores con motivos que sorprenderán o público que presenciase este evento en anos anteriores como a aquelas persoas que o contemplen por primeira vez.