A Deputación e o Concello de Moraña planifican actuacións nas vías provincias ata o ano 2023
Por Oskar Viéitez
O deputado responsable de Infraestruturas e Vías Provinciais, Gregorio Agís e a alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro, celebraron este mércores unha reunión na que planificaron actuacións nas vías provincias ata o ano 2023.
A alcaldesa insistiu na necesidade de levar a cabo tres actuacións, de diferente calado, nas estradas EP-0503 Mane-Rebón, EP-0018 Amil-Espedregueira e EP-8201 Couso-Santa Xusta.
"Expliqueille detalladamente cal era o estado de cada unha desas estradas e insistinlle na nosa crenza de que son tres actuacións fundamentais pola perigosidade que teñen estas vías, cada unha segundo as súas circunstancias, e porque se precisa un reforzo da súa seguridade", manifestou a alcaldesa, que agarda que a Deputación avalíe as súas propostas e a convoque a un novo encontro para revelarlle as súas intencións ata o horizonte do ano 2023.
Respecto da estrada Mane-Rebón, a alcaldesa sinalou que é "un caso especialmente grave", que, segundo o seu criterio "non se soluciona só cun asfaltado", detallou.
Tamén pediu a mellora de dous treitos con curvas sinuosas e firme deteriorado na vía Couso-Santa Xusta, e finalmente, a terceira solicitude corresponde coa EP-0018, na que o goberno local aspira a que a Deputación elimine a curva de Barro, que tamén presenta graves problemas de seguridade tanto para os vehículos como para os milleiros de peóns que anualmente camiñan ata o Santuario dos Milagres.
Relacionadas:
-
A alcaldesa de Moraña acusa á Deputación de levar cinco anos "mareando" coa estrada Mane-Rebón
Por Oskar Viéitez |
-
"Sorpresa" na Deputación ante as críticas da alcaldesa de Moraña pola estrada Mane-Rebón
Por Redacción |
-
A alcaldesa de Moraña critica que a Deputación só asfaltase a estrada Mane-Rebón no treito pertencente a Barro
Por Redacción |
-
Moraña reactiva as obras do perímetro do santuario dos Milagres de Amil
Por Redacción |
-
Moraña solicitará un obradoiro para combater o desemprego
Por Boris Rodríguez Pintos |
-
Moraña volve a licitar a mellora viaria de Chan de Amil e da contorna perimetral do Santuario dos Milagres
Por Redacción |
-
Moraña pide á Deputación retomar a reforma da estrada entre Mané e Rebón
Por Redacción |