O 60% dos doantes na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés durante 2019 superaba os 65 anos
Por Redacción
A Oficina de Coordinación de Transplantes (OUT) da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés realizou este mércores balance sobre as doazóns rexistradas no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHUP) durante 2019.
Durante este período detectáronse cinco doantes reais. Segundo expoñía o doutor José Luís Martínez Melgar, coordinador do departamento, eses doantes permitiron a xestión da doazón de 21 órganos e un tecido.
Na recepción clínica de doazóns multiorgánicas, a OUT recibiu oito riles, seis córneas, cinco fígados, dous pulmóns e un tecido.
Un 40% da doantes da área son menores de 65 anos mentres que unha 40% conta con idades comprendidas entre os 65 e os 75 anos e o 20% restante supera os 75 anos de idade. Dos cinco doantes reais (doante potencial do que se extraeu polo menos un órgano sólido co fin de ser transplantado), tres eran mulleres e dúas, homes.
O feito da idade é determinante para a extracción dos órganos. Polos perfís dos doantes, xeráronse máis doazóns de órganos abdominais como fígados e riños, ademais de córneas. Pero esas idades avanzadas provocan que se reduzan as extraccións dos órganos torácicos, debido a que na maior parte dos casos son desestimados por contraindicacións médicas.
En canto a doantes potenciais da área sanitaria rexistráronse seis homes e unha muller que por contraindicación médica (33%) ou por negativa familiar (25%) non se converteron en doadores reais. Desde o CHUP sinalan que desde 2012 non se detectan perdas de doantes potenciais.
Cos datos de 2019, o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra converteuse no sexto centro hospitalario en extracción de órganos dentro dos doce no que se acomete esta tarefa en Galicia.
A principios de 2000 rexistrábanse tres doantes reais ao ano, unha cifra que se duplicou desde a posta en marcha da OUT de Pontevedra e O Salnés.
Desde este servizo de coordinación encárganse de manter ao doante nas condicións óptimas para que a extracción leve a cabo de maneira idónea e serve de ligazón coa Organización Nacional de Transplantes para levar a cabo os procedementos necesarios para coordinar a todos os servizos, apróximadamente 20 profesionais, para levar a cabo o proceso de extracción.