Ferraris, motonáutica e Luis del Olmo chegan á Festa da Vieira
Por Redacción
A Festa da Vieira chega ao seu ecuador cun importante número de visitantes e este sábado 20 será un día de numerosos acontecementos coa disputa do campionato de Motonáutica Terceira Ruta Galega de Turismo que se iniciará ás 11 h. no porto de Santo Tomé.
A continuación, o xornalista Luis del Olmo intervirá na carpa da Alameda para realizar unha exaltación da vieira ás 13 h., unha hora máis tarde de que abra a carpa na que se poden degustar as variedades culinarias elaboradas coa vieira. Haberá unha demostración de cociña deste produto a cargo de José Aragunde.
Ás 12:30 h. na explanada do Pazo de Torrado desenvólvese unha concentración de Ferraris. Ata as sete da tarde poderanse ver estes espectaculares vehículos nese ámbito.
Os actos previstos para este sábado tamén consideran unha mostra da canción mariñeira, coa participación dos grupos a partir das nove da noite.
ENTREGA RECOÿECEMENTOS
O primeiro recoñecemento foi deste ano foi para o programa Gastronomía na Onda, dirixido e presentado por Pepe Cadavedo, que recolleu o recoñecemento de mans do presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán.
A Vieira de Honra para os medios escritos foi para El Correo Gallego, no seu apartado gastronómico e que recolleu de mans do delegado da Xunta, Cores Tourís, o redactor xefe do xornal galardoado, Angel Orgaz. Finalmente o premio para os medios audiovisuais foi para a Televisión de Galicia, e o programa Ribeira que recolleu a directora da TVG, Rosa Vilas.