Sanxenxo roza o seu máximo histórico tras pechar 2019 con 17.538 habitantes
Por Redacción
Por segundo ano consecutivo, Sanxenxo rexistra un aumento de poboación. O municipio pechou 2019 cun total de 17.538 persoas censadas, o que supón un incremento de 191 persoas máis que en 2018, segundo reflicte o censo do Concello.
Sanxenxo achégase así ao seu máximo histórico do ano 2012, no que chegou a alcanzar os 17.604 habitantes.
Nos últimos anos, o municipio viviu un descenso na poboación, tendo un crecemento negativo desde o ano 2013 (17.582), chegando no ano 2015 ás 17.391 persoas, en 2016 a 17.314 e en 2017 a 17.212. En 2018, pola súa banda, creceu de novo ata os 17.347 censados.
De todos os habitantes censados en Sanxenxo, destaca o propio Concello, 8.666 son homes e 8.872 son mulleres.
Ademais, outros datos destacables do padrón municipal son que hai actualmente 2.631 mozos menores de 18 anos e 4.117 son persoas de máis de 65 anos.