O PortAmérica planta no monte Xiabre 1.800 pés de 10 especies autóctonas
Por Oskar Viéitez
As ladeiras do monte Xiabre recibiron este sábado a plantación de 1.840 pés de avellano, acivro, bidueiro, carballo, castiñeiro, cerdeira, madroño, freixo, arce e sobreira.
É a materialización dun compromiso contraído pola empresa Esmerarte con todos os asistentes ao festival de música PortAmérica para que puidesen converter a súa entrada nunha árbore.
Con esta segunda xornada de reforestación en Caldas de Reis cumpríronse con tres propósitos: Compensar as emisións xeradas pola celebración da edición 2019 do festival, axudar a recuperar os terreos queimados nos incendios de 2017 e, finalmente, crear unha devasa natural con especies frondosas que evitará a propagación dos incendios.
A xornada de traballo foi moi animada a pesar da choiva e os participantes cumpriron co reto. Como curiosidade, moitas árbores levan unha etiqueta biodegradable co nome da persoa que o plantou.