Fin de semana de controis de alcohol e drogas a través de patrullas da Policía Local de Pontevedra
Por Redacción
Durante esta fin de semana do 4 e 5 de xaneiro iníciase unha nova fase de colaboración entre o Subsector de Tráfico da Garda Civil e Policía Local de Pontevedra.
Está previsto que se realicen distintos controis de alcol e drogas conxuntamente, sobre todo nas vías de entrada e de saída da cidade. Con esta actuación queren lembrar que conducir baixo os efectos do alcol ou dalgunha droga segue sendo un dos principais problemas de seguridade viaria nas estradas de Galicia.
Ao longo de 2019 rexistráronse 13 accidentes con resultado positivo do alcol ou de drogas no municipio de Pontevedra, todos eles con resultado de persoas feridas. Por este motivo, axentes dos dous corpos desenvolven esta campaña tanto o sábado como o domingo en vías urbanas como interurbanas.