Mobilizan a policías e bombeiros porque se lle quedou un brazo atrapado en Valle Inclán
Por Redacción
Efectivos da Policía Local e os Bombeiros de Pontevedra foron mobilizados na mañá deste mércores 1 de xaneiro para acudir ata o centro histórico da cidade ante a alerta porque a unha moza se lle quedara un brazo atrapado na estatua que representa a Ramón María do Valle Inclán na confluencia entre a praza de Méndez Núñez e a rúa César Boente.
Segundo a información facilitada pola Policía local, ocorreu sobre as 13.00 horas deste primeiro día do ano e, a pesar de que policías e bombeiros se mobilizaron, cando aínda estaban en camiño, chegoulles un novo aviso: xa non era necesaria a súa presenza.
Finalmente, todo quedou nunha falsa alarma e nunha historia curiosa dunhas primeiras horas do ano 2020 nas que a Policía Local tamén tivo outra intervención rechamante e diferente ao que están afeitos: un home de 72 anos que pretendía facer un ' simpa' nun restaurante e, con aparencia de estar borracho, asegurou que non lembraba consumir un menú a base da base de lagostinos, centola, costeleta de tenreira, unha copa de viño mencía, torta de Santiago de sobremesa e café. En total, 41,70 euros.
Relacionadas:
-
Pretende terminar o ano cun festín de lagostinos, centola e costeleta de tenreira e facer un 'simpa'
Por Natalia Puga |
-
Unha condutora bébeda sofre un accidente ao chocar cun turismo estacionado en Estribela
Por Natalia Puga |
-
Un ferido por agresión e cinco atendidos por intoxicacións etílicas, balance da Noitevella
Por Natalia Puga |