A carpa de Nadal de Sanxenxo reorganiza as súas actividades tras as suspensións polo temporal
Por Redacción
Pasadas as alertas meteorolóxicas, que obrigaron a suspender diversas actividades previstas, a programación da carpa de Nadal instalada en Sanxenxo reorganízase.
A carpa reabriu este luns con diferentes obradoiros para nenos e nenas a partir dos 3 anos, animación musical e a recepción de Papá Noel.
Pola súa banda a 'Papanoelada' organizada polo Club Corbelo terá lugar este martes 24 de decembro ás 11:30 horas, mentres que a gala de circo pasa a ser o día 30 de decembro ás 20:30 horas.
Fóra da carpa, o concerto de panxoliñas da Coral de Santa María de Adina celebrarase o 4 de xaneiro ás 20:00 horas no Usos Múltiples de Portonovo.
En canto ao resto de programación, para esta Noiteboa a asociación Portonovo na Rúa organiza unha cabalgata de Papá Noel que percorrerá as rúas da vila e terminará cunha recepción no Usos Múltiples. Pola súa banda pola tarde a asociación Soalleira de Dorrón organiza unha visita do Apalpador pola parroquia.