O Umia espera a "Fabien" fóra de si
Por Oskar Viéitez
O río Umia asolaga ao seu paso os municipios de Vilanova e Ribadumia. A zona de Paradela, diversos puntos de Ribadumia, a contorna da parcelaria, Cabanelas, ou as zonas do Club Náutico e da gasolineira de Pontearnelas permanecen mergulladas baixa a auga.
Non é algo inédito que o Umia remonte por encima do leito pero a Xunta permanece vixiante ante as incesantes choivas que desde principios de novembro están a levar a este río a niveis de récord.
A esta situación súmase a chegada da borrasca explosiva Fabien, un "temporal de vento" que puxo en alerta vermella a Galicia despois de que a Axencia Estatal de Meteoroloxía ( Aemet) activase o máximo nivel de alerta por refachos tempestuosos, de polo menos 140 quilómetros por hora.
Esta bomba meteorolóxica ou cicloxénese explosiva activou na costa norte de Lugo e A Coruña un aviso de cor vermella no mar entre as tres da tarde e as doce da noite. O resto da comunidade estará en cor laranxa por ventos como mínimo de 100 quilómetros por hora.
Ademais do vento será unha nova xornada de precipitacións intensas nas Rías Baixas, onde se poderían acumular ata 40 litros por metro cadrado en 12 horas.
A esperanza, segundo Meteogalicia, está posta no anticiclón dos Azores que podería reaparecer a partir do luns para poñer fin a este tren de borrascas.
Relacionadas:
-
Clausuran o Estadio Municipal de Pasarón tras desprenderse varias láminas da cuberta de Preferencia
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Unha noite de rúas e garaxes asolagados por toda a cidade e dúas horas en alerta total
Por Redacción |
-
A borrasca "Elsa" deixa unha chea de incidencias
Por Oskar Viéitez |