El pontevedrés Diego Murillo, nuevo asesor de la ministra de Sanidad
Por Diego Espiño
A ministra de Sanidade, Ana Mato, fichou como asesor ao xinecólogo pontevedrés Diego Murillo Carrasco.
Trala toma de posesión, o luns 1 de outubro, Murillo Carrasco entrará a formar parte do Consello Asesor, un cometido que xa desempeñou entre os anos 1999 ao 2004, na etapa de Ana Pastor á fronte do departamento de Sanidade.
Diego Murillo, presidente da Agrupación Mutual Aseguradora (AMA), mostrou a súa "satisfacción" polo nomeamento que considera "un paso importante na miña carreira".
Ao longo da súa dilatada traxectoria Diego Murillo combinou a súa profesión como médico cunha innegable vocación política que lle levou a ser concelleiro do Concello de Pontevedra ou deputado provincial, entre outros ademáis da súa outra paixón, o Teucro, do que chegou a ser presidente.