Falece a pontevedresa Mercedes Rajoy, irmá do ex presidente do Goberno
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A pontevedresa Mercedes Rajoy Brey, única irmá do ex presidente do Goberno Mariano Rajoy, faleceu de forma repentina este domingo no seu domicilio de Aravaca, en Madrid.
Mercedes Rajoy tiña 62 anos e foi atopada sen vida no dormitorio polo seu marido, o parlamentario europeo, Francisco Millán Mon, tamén pontevedrés.
A falta de que se confirme a causa oficial da morte, todo apunta a que faleceu por un infarto sufrido durante a madrugada.
O ex presidente do Goberno chegou ao Tanatorio Pontevedra en San Amaro, onde se velará á súa irmá, pouco antes das nove da noite. Uns vinte minutos despois facíao tamén o seu viúvo. O funeral celebrarse este luns, ás 18:30 horas, na Basílica de Santa María.
Mercedes Rajoy estaba destinada en Madrid como rexistradora da propiedade, a mesma profesión que dous dos seus irmáns, Mariano e Enrique.
Casada en 1981, tiña tres fillos, Mercedes, Francisco e Enrique. O ano pasado, o 1 de novembro de 2018, faleceu o seu pai, Mariano Rajoy Sobredo, aos 97 anos, e catro anos antes, o 27 de marzo de 2014, perdera ao seu irmán Luís.
Desde que se coñeceu a noticia do falecemento, as mostras de pésame por parte de membros del Partido Popular foron continuas.
En nombre del Partido Popular y en el mío propio, traslado nuestras condolencias y cariño a Mariano Rajoy por el triste fallecimiento de su hermana, Mercedes; a su marido, nuestro querido eurodiputado, Paco Millán, y al resto de su familia. Un fuerte abrazo. Descanse en paz.
— Pablo Casado Blanco (@pablocasado_) December 15, 2019
Siento mucho la muerte repentina de Mercedes Rajoy. Todo el cariño a su marido @PacoMillanMon, a sus hermanos @marianorajoy y Enrique y a toda la familia. Una pena.
— Alberto Núñez Feijóo (@FeijooGalicia) December 15, 2019
Mi más sentido pésame a @marianorajoy y a @PacoMillanMon de parte de toda la familia del @PP_Pontevedra. Un abrazo enorme en estos duros momentos.
— Rafa Domínguez (@RafaDominguezPo) December 15, 2019
Relacionadas:
-
Pablo Casado e Grande Marlaska, en Pontevedra para apoiar a Mariano Rajoy na despedida da súa irmá
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz | Creada e actualizada
-
Falece en Madrid aos 97 anos o pai de Mariano Rajoy
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
Familiares e achegados arroupan á familia Rajoy na despedida do seu irmán Luis
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Falece Luis Rajoy Brey, irmán do presidente do Goberno
Por Redacción |