Aberto o prazo de inscrición para o "Cuntilín Nadal"
Por Redacción
O Concello de Cuntis non se esquece das familias e os máis cativos do municipio e oferta un especial do seu programa "Cuntilín" durante estas datas de Nadal.
Por iso, lanza o "Cuntilín Nadal" durante os días 23, 26, 27 e 30 de decembro de 2019 e 2, 3 e 7 de xaneiro do 2020.
Este servizo estará dispoñible de luns a venres de 09:00 da mañá ata ás 14:00 da tarde para nenas e nenos de 3 a 16 anos de idade nas instalacións do CPI Aurelio Marcelino Rey García.
O prazo de inscrición está aberto ata o 18 de decembro nas oficinas xerais do concello.