![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/8a2/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5dcaf78a31-poaugal2.jpg)
© Universidade de Vigo
A Máster Class Augal ofrece oito sesións para coñecer desde dentro o audiovisual galego
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Profesionais da dirección, produción ou realización protagonizan as oito conferencias, obradoiros, proxeccións e coloquios que integran o programa da novena edición da Máster Class Augal, que ten por obxecto achegar tanto ao alumnado da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación como á cidadanía os procesos de traballo no sector audiovisual.
Coordinada polos profesores Miguel Anxo Fernández e Paulino Pérez e patrocinada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), a novena edición de Augal arrinca este mesmo martes cunha conferencia do realizador Pepelu Viñas.
Sete sesións máis, neste mes de novembro e en decembro, achegarán ao campus ao guionista da serie Hierro, Pepe Coira, á presidenta da Academia Galega do Audiovisual, Ana Míguez, ao produtor Sergio Frade e aos directores Ángel Filgueira, Olga Osorio e David Hernández.
Esta actividade formativa de 30 horas mantén aberta a súa inscrición a través do enderezo electrónico axendacsc@gmail.com, e que está aberta a toda a cidadanía.