Novo capítulo no "culebrón" do aparcamento Veteris
Por Oskar Viéitez
A portavoz do goberno local do Concello de Pontevedra, Anabel Gulías, informou dun novo capítulo no "culebrón" do aparcamento Veteris, situado baixo cale Antón Fraguas e os edificios lindeiros.
Nesta ocasión, a Xunta de Goberno aprobou este martes un novo procedemento de contratación para adxudicar a explotación do aparcadoiro.
Despois de varios intentos anteriores que quedaron desertos por falta de ofertas, fixéronse algunhas modificacións no prego de condicións do concurso, algunhas delas propostas no período de alegacións por parte da comunidade de propietarios dun dos edificios e outras de particulares.
Anabel Gulías explicou que o Concello ten "a esperanza de que poida sair dunha vez este vello asunto".
A licitación sería por 66 anos cun canon anual de 24.000 euros, máis o IVE.
Entre outras modificacións reduciuse o investimento esixido aos posibles interesados, contémplanse melloras nas entradas e delimitarse as prazas baixo chan público das situadas en terreo privado.