Denuncian a talla de carballos recentemente plantados na carballeira do Sequelo, en Troáns
Por Redacción
A carballeira do Sequelo, na parroquia cuntiense de Troáns, sufriu hai uns días a perda dalgúns das árbores que comezaban a crecer neste espazo natural. A comunidade de montes xa denunciou os feitos ante a Garda Civil e é agora o propio goberno local o que condena este ataque.
Na denuncia presentada ante os axentes, o presidente da comunidade de montes de San Ildefonso, José Antonio Abuín, declarou que o ano pasado habían realizado unha plantación de carballos na carballeira de Sequelo. E o día 17 deste mes de outubro, cando as árbores superaban xa o metro e medio de altura, apareceron cortados pola súa base.
Os comuneiros descoñecen os autores de tal fechoría e esperan que as investigacións da Garda Civil sirvan para dar cos culpables.
Relacionadas:
-
As voces das avoas galegas e as súas experiencias, protagonistas en Cuntis na acción de Violencia Zero
Por Redacción |
-
Cuntis promociona a Vía Mariana cunha andaina
Por Redacción |
-
Cuntis apoia a natalidade con contías de ata 500 euros
Por Redacción |
-
Cuntis únese a outros concellos na loita contra a basuraleza
Por Redacción |