A directora e actriz Mabel Lozano amosa en Pontevedra o cruel drama que agocha a prostitución
Por Cristina Saiz & Redacción
O auditorio pequeno da sede de Afundación enchíase este venres para ver o primeiro pase que se realiza na cidade do documental 'El Proxeneta', un traballo realizado pola directora, actriz, presentadora e activista contra a prostitución, Mabel Lozano.
Este evento, organizado pola concellería de Igualdade, en colaboración co Colectivo Feminista, inclúese na programación prevista con motivo do Día Internacional contra a Explotación Sexual e a Trata de Persoas, que terá lugar o vindeiro 23 de setembro.
Ao acto asistía a propia directora, ademais da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; a concelleira de Igualdade, Paloma Castro; a subdelegada do Goberno, Maica Larriba; a deputada socialista, Patricia Vilán e o concelleiro de Medio Natural, Iván Puentes.
O documental está protagonizado por Miguel, "El Músico", un exproxeneta e dono dalgúns dos máis importantes macroburdeis de España, que foi condenado e sentenciado a 27 anos de prisión. O protagonista conta o desenvolvemento da prostitución durante as últimas décadas en relación con tramas de corrupción, asasinatos, trata de seres humanos, secuestros ou extorsións.
Tras a proxección de 'El proxeneta', as persoas asistentes participaron nun coloquio coa directora, que sinalou que a prostitución é un atentado contra a dignidade das mulleres e entende que debe abolirse.
Relacionadas:
-
RADIO.- Mabel Lozano: "pechar os bordeis sen unha lexislación é condenar ás mulleres prostituídas a unha marxinalidade maior"
Por Marisa Ciordia |
-
Mabel Lozano estrea en Pontevedra a súa curta "Biografía del cadáver de una mujer"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Pontevedra acolle un debate público sobre a prostitución polo Día contra a Trata de Persoas
Por Oskar Viéitez |
-
Desarticulado un grupo itinerante de proxenetas que explotaba a mulleres venezolanas en pisos turísticos
Por Oskar Viéitez |
-
"Fun vendida por 300 euros a un proxeneta español e convertida en mercadoría para o uso e goce dos homes"
Por Oskar Viéitez |