O poiense acusado de intentar matar a marteladas a súa muller chega a xuizo
Por Natalia Puga
O veciño de Poio detido en abril de 2011 por supostamente intentar matar a súa muller asestándolle varias marteladas na cabeza en presenza das súas fillas xemelgas na Porteliña sentarase este martes no banco dos acusados da Sección Cuarta de la Audiencia Provincial de Pontevedra.
Jeremías Canda Rodríguez, que se encontra en situación de prisión provisional dende o 20 de abril de 2011, enfróntase a 15 anos de prisión como autor dun delito de asasinato en grao de tentativa, xa que considera que actuou con planificación e se asañou coa súa vítima, aínda que ela non faleceu.
Jeremías Canda foi detido pola Garda Civil o 18 de abril de 2011 tras supostamente golpear varias veces na cabeza cun martelo a súa parella no domicilio que compartían na Porteliña. Acusado e suposta vítima estaban naquel momento legalmente unida como parella de feito dende había 15 anos e teñen dúas fillas en común, pero estaban en fase de separación no momento dos feitos e el levaba días sen durmir na casa familiar.
Segundo o fiscal, "guiado por un ánimo de rematar coa vida da súa parella", colleu un martelo do patio da cociña e foi ao cuarto onde se encontraba a súa parella. "De forma sorpresiva", mentres esta se encontraba agachada collendo unha peza de roupa do chan, propinoulle co martelo un forte golpe na cabeza para, a continuación, propinarlle outra martelada na fronte que a muller intentou parar coa man dereita, que resultou golpeada, logrando zafarse do procesado, saír rapidamente da súa vivenda refuxiarse no piso de en fronte, sendo seguida polo procesado que co martelo alzado. A continuación, fuxiu do lugar.
DETENCIÿN ROCAMBOLESCA
Un garda civil fóra de servizo viuno saír do piso cun martelo. Tamén un veciño, que se interpuxo no seu camiño e gañou outro golpe. Jeremías Canda acabou escapando nun coche e ameazando a Garda Civil que se suicidaría se pretendían detelo. Tras unha negociación telefónica con axentes do Instituto Armado, acabaron localizándoo e deténdoo no acceso á autovía do Salnés.
O fiscal solicita que se lle aplique a circunstancia agravante de parentesco e reclama ao tribunal que impoña o acusado unha orde de afastamento de 300 metros con respecto á vítima, prohibindo que se comunique con ela, achéguese ao seu domicilio ou ao seu lugar de traballo por un espazo de 25 anos. Ademais, pide que indemnice a súa ex parella con 6.744 euros polos días que tardou en curar das lesións sufridas e na cantidade de 15.000 euros polas secuelas.
Como consecuencia destes feitos, a suposta vícitma sufriu feridas de gravidade e padece secuelas como a perda dun 42 por cento de audición nun dos seus oídos. Ademais, precisou tamén tratamento psiquiátrico.