Pechada ao baño a praia de Major por contaminación por fecais
Por Oskar Viéitez
O Concello de Sanxenxo informou que a praia de Major queda pechada ao baño ata o luns por unha contaminación temporal a través do río.
Desde o Concello aseguran que "en principio as analíticas xa están a dar ben pero recoméndannos seguir analizando durante a fin de semana e o luns comprobar se efectivamente o problema está resolto".
Concretamente a auga está contaminada con enterococos intestinais e/ou escherichia coli, o que comunmente é coñecido como contaminación por fecais.
O realdDecreto 1341/2007 do 11 de outubro, sobre a xestión da calidade das augas de baño, establece a recomendación de non bañarse cando se produce un episodio destas características.