Reaberta ao baño con total normalidade a praia de Major
Por Oskar Viéitez
O Concello de Sanxenxo confirmou este luns que desde a mañá está reaberta ao baño con total normalidade a praia de Major.
Desde o Concello aseguran descoñecer a orixe da vertedura.
As analíticas realizadas o venres no areal detectaran un episodio de contaminación por presenza de fecais no regato que desemboca neste punto, coñecido como Rego do Souto.
Por ese motivo advertiuse o pasado venres aos usuarios da praia de Major desaconsellando o baño.
Despois de confirmar que as análises son totalmente correctos, reabriuse o areal e retiráronse os carteis coa advertencia.