Un veciño de Combarro entrega á Policía unha mochila perdida con 1.600 euros
Por Oskar Viéitez
Un veciño de Combarro localizou unha mochila perdida na zona vella que contiña 1.600 euros, inmediatamente entregouna ao departamento de obxectos perdidos da Policía Local.
Segundo informaron desde a Xefatura da Policía Local, localizouse á propietaria do diñeiro. Trátase dunha muller natural de Gondomar e que traballa en Combarro.
A dona da mochila agradeceu este nobre xesto deste exemplar veciño.
Desde a Policía Local de Poio destacaron con orgullo que "actos como este fan grande á xente do noso pobo".