A Xunta asegura aos bateeiros que o novo emisario suporá unha "mellora radical" para a súa actividade

Por Redacción
A conselleiras de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e do Mar, Rosa Quintana, acompañadas polo xerente de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira, expuxéronlle este mércores o proxecto definitivo do novo emisario submarino aos representantes de Amecomra, a Asociación de Productores de Mexillón de Combarro e Raxó.
As conselleiras explicaron que esta infraestrutura, recentemente licitada, achegará "importantes beneficios" ao proceso de saneamento da ría e "a mellora prevista para a actividade produtiva das bateas".
Na reunión con Amecomra, as representantes do goberno galego insistiron en que o deseño do novo emisario submarino, elaborado en colaboración co Intecmar, afasta da costa o punto de vertido e suporá unha "mellora radical" con respecto ao actual emisario en relación coa afección ás bateas.
Augas de Galicia elaborou o proxecto baseándose nun "exhaustivo análise" do comportamento da dinámica da ría, tendo en conta múltiples variables, entre as que se encontran as mareas, as correntes, a salinidade ou a temperatura da auga.
Na xuntanza, as conselleiras informaron de que a previsión da Xunta é iniciar este mesmo ano os traballos de mellora da depuradora e na primeira metade de 2020 comezar a construción do novo emisario submarino.
Relacionadas:
-
Nove empresas optan a construír o novo emisario submarino da depuradora
Por Redacción |
-
Rexeitamento frontal de Pontevedra a unha posible ampliación da EDAR: "Non hai xustificación técnica"
Por Alejandro Espiño |
-
A Plataforma de Lourizán critica a Ethel Vázquez pola súa política "baseada na mentira"
Por Redacción |
-
A Xunta licita o proxecto e a execución do novo emisario submarino
Por Redacción |
-
Aprobado o anteproxecto do novo emisario submarino da EDAR dos Praceres
Por Redacción |