Piden que unha praza de Cotobade leve o nome de Antonio Fraguas
Por Redacción
A agrupación socialista de Cerdedo-Cotobade considera que o ilustre escritor cotobadense Antonio Fraguas, a quen se lle adicaron as Letras Galegas neste 2019, merece formar parte do rueiro do concello. Por iso, os socialistas queren que a Praza da Chan, que segue sendo obxecto dunha reforma integral, sexa nomeada Praza Don Antonio Fraguas.
"Sería un orgullo para toda a veciñanza de Cerdedo-Cotobade contar cun espazo público que leve o nome dun dos seus veciños máis ilustres", apuntan dende este grupo municipal.
O PSOE cre que o goberno local non debe limitarse únicamente aos actos oficiais da Real Academia da Língua Galega, e demanda máis iniciativas que sirvan para atraer o turismo cultural ao municipio.