O Armadiña Rock terá dous "Puntos Lila" contra as agresións machistas
Por Oskar Viéitez
O Festival Armadiña Rock de Combarro contará con dous Puntos Lila formado por un equipo multidisciplinar coordinado por axentes e promotoras de Igualdade, que ofrecerán información, asesoramento e axuda sobre onde acudir e que facer en caso dunha agresión sexual.
Estarán situados na Praza da Chousa e na zona de acampada, na Seca.
Así o explicou a concelleira de Igualdade e Benestar Social de Poio, Silvia Díaz, este martes en rolda de prensa, xunto a Almudena Acuña, membro da organización do Armadiña, e as traballadoras do Centro de Información á Muller, Alejandra Zapata e Lida Forzanes.
O propósito destes Puntos Lila é facer fincapé na sensibilización para previr as violencias machistas, polo que se aproveitará para distribuír información da campaña da Deputación de Pontevedra e da Xunta. Ambas as institucións cederán carpas para repartir material informativo.
DECÁLOGO DE BOAS PRÁCTICAS
O Festival Armadiña Rock insistirá entre todos os "festivaleiros" no seguimento do Decálogo de Boas Prácticas, que incide en tres alicerces fundamentais: Limpeza, sustentabilidade e respecto.
A organización tamén sinala que "preferimos que non fagas botellón, máis en todo caso recolle os envases" e piden "respectar o descanso da nosa veciñanza" e que "utiliza os sanitarios da organización" mesmo lembran que "se bebes, non conduzas; é un delito legal, moral e mortal".
Relacionadas:
-
Armadiña reivindícase como festival de referencia
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A música dos Heredeiros da Crus enche Combarro
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Neptuno dirixe unha carta nunha botella á xente do Armadiña
Por Redacción |
-
Xosé Constenla, pregoeiro e músico en acústico no Armadiña
Por Almu Dapena |
-
Armadiña Rock, un festival artesán que tras once anos aínda trae novidades
Por Oskar Viéitez |
-
Combarro prepara un "sinfín de actividades" para a Festa do Mar
Por Almu Dapena |