La Brilat se lanza al monte esta semana para sumarse a la campaña contra los incendios
Por Natalia Puga
A Brigada Gaicia VII Brilat volverá estar nos montes galegos a partir do próximo xoves 15 de agosto para reforzar, un ano máis, a vixilancia contra os incendios forestais. Será en cumprimento da operación Centinela Galego, que este ano, por primeira vez nos doce anos que leva en marcha, retrasou o seu inicio ata o mes de agosto.
PontevedraViva xa adiantara que esta operación este ano non empezaría en xullo, como era habitual, senón en agosto. Ata hai escasos dias, nin sequera se asinara o convenio que ratifican anualmente a Xunta de Galicia e o Ministerio de Defensa para facer efectivo este operativo.
Fontes da Consellería de Medio Rural confirmaron que ese convenio de colaboración xa está asinado e que este xoves 15 empezará a campaña, que durará ata o 30 de setembro.
Ese dia despregaranse un total de 27 patrullas militares terrestres e dous equipos de mantemento móbil para sumarse o dispositivo de loita contra os incendios forestais da Xunta de Galicia no marco desta operación, na que están implicadas a Brilat e a Armada.
A Consellería do Medio Rural financiará o importe dos gastos que se produzan con motivo desta colaboración. O orzamento previsto para o recoñecemento, despregamento, actividade operativa e relevos da unidade das Forzas Armadas é dun total de 469.604,41 euros.
O obxectivo principal desta campaña é implementar a vixilancia e identificación dos potenciais axentes causantes dos lumes forestais, ao tempo que se busca que a propia presenza de medios militares no monte os disuada deste tipo de prácticas delituosas.
O Ministerio de Defensa levará a cabo os despregamentos operativos de patrullas terrestres -neste caso un total de 27 formadas por militares sobre vehículo- durante a campaña de alto risco de incendios forestais en Galicia. Este despregamento poderá ser en caso de situacións de risco alto ou moi alto, chegar ás 75 patrullas e 2 helicópteros de vixilancia.
Relacionadas:
-
La UME cierra su despliegue estival en Figueirido: "La mejor noticia es que este año hayamos tenido poca actividad"
Por Cristina Saiz & Natalia Puga |
-
Todos los ojos son pocos para luchar contra el fuego: así funciona la célula de seguimiento de la Centinela Gallego
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
El general Romero Losada asegura que "no ha habido incendios en ninguna de las zonas donde ha patrullado la Brilat"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Medio Rural retrasa este año la presencia de militares en los montes en la campaña de prevención de incendios
Por Natalia Puga |
-
La Brilat cierra la operación 'Centinela Gallego' con un 88% menos de incendios
Por Redacción |
-
Balance positivo, hasta el momento, de la 'Operación Centinela'
Por Redacción |