Zona Monumental, molesta co peche peonil da ponte do Burgo durante tres meses
Por Redacción
A xunta directiva do Centro Comercial Urbano Zona Monumental solicita ao Concello de Pontevedra que estude a posibilidade de compatibilizar as obras co acceso peonil na ponte do Burgo como se fixo ata o luns 8 de xullo, data na que se impedía o paso de peóns. Os representantes desta asociación móstranse molestos pola medida anunciada polo goberno local de que este peche se vai prolongar ata o mes de outubro.
Segundo expresan desde este colectivo de empresarios, esta decisión provoca que numerosos veciños da zona do Burgo ou das parroquias que estacionaban os seus vehículos nestas inmediacións agora teñan que utilizar a ponte das Correntes ou o de Santiago para acceder ao centro da cidade. Desta forma, resultaralles máis difícil achegarse ata a Zona monumental e, segundo as previsións que fan, esta medida supón unha gran perda económica para os establecementos situados no centro histórico.
Ante esta situación que, segundo os cálculos do concelleiro Demetrio Gómez, alongaranse durante tres meses, Miguel Lago, presidente de Zona Monumental, reclama ao Concello que estude detidamente coa empresa encargada da obra a posibilidade de habilitar un pequeno paso peonil mentres realizan os traballos de reforma, tal e como se estaba facendo ata hai uns días.
Relacionadas:
-
O goberno local mantén a súa postura: a ponte do Burgo permanecerá pechada ata outubro
Por Redacción |
-
Comerciantes da Rúa Real recollen sinaturas para reclamar a apertura peonil da ponte do Burgo
Por Redacción |
-
O Concello impulsará unha campaña de descontos no comercio local para a volta ao cole
Por Redacción |
-
Comezan os primeiros traballos na cabeceira norte da Ponte do Burgo
Por Redacción |
-
O goberno local calcula que a ponte do Burgo permanecerá pechada ao paso ata outubro
Por Redacción |
-
A ponte do Burgo, pechada ao paso de peóns desde o luns
Por Redacción |