Ao berro de "Non é abuso, é violación", decenas de persoas amosan a súa solidariedade coa vítima da "manada de Manresa"
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O Colectivo feminista de Pontevedra sumábase este luns ás concentracións organizadas en numerosos concellos de España para solidarizarse coa nena que foi vítima dunha agresión sexual múltiple cando tiña 14 anos por seis homes en Manresa no ano 2016, mentres outro se masturbaba.
Ás 18.00 horas, na praza de España, concentrábase decenas de persoas tras unha pancarta contra a violencia machista. Entre as persoas asistentes atopábanse as concelleiras Anabel Gulías e Carmen Fouces, ademais de Alberto Oubiña. Tamén asistían outras persoas de relevancia pública como a escritora Montse Fajardo e a ex concelleira María Rey.
Con esta concentración denúnciase que a Fiscalía no xuízo contra os acusados de participar nos feitos contra a menor en Manresa lles impute un abuso sexual no lugar dunha violación, malia que a moza carecía de idade suficiente para prestar consentimento sexual e se atopaba supostamente nun estado de embriaguez que diminuía a súa capacidade de resistencia e defensa.
Desde o Colectivo feminista reclaman a modificación do Código Penal para que calquera acto sexual en que non medie consentimento explícito da muller sexa considerado violación, que os delitos seuxais sexan considerados violencia machista para que sexan tratados por tribunais formados nesta materia, ademais de medidas disciplinarias contra xuíces que ditan sentenzas misóxinas e patriarcais. Tamén instan a que se cre un sistema integral de atención ás vítimas de agresións sexuais e unha coeducación afectivo-sexual que elimine a cultura da violación, ao igual que a erradicación da concepción patriarcal da sexualidade feminina.
As persoas que se concentraban en Pontevedra entonaron berros como "Non é abuso, é violación"; "Nós si crémoste a ti"; "Tranquila, hermana, aquí está tu manada" ou "Denuncias archivadas, mulleres violadas".
Tamén celébranse concentracións ante os Concellos de Vilagarcía e de Marín ás 20.00 horas e ante o Concello de Cambados e na praza das Árbores de Cuntis, ás 21.00 horas.
Relacionadas:
-
Pontevedra sae á rúa contra a sentenza da Manada de Manresa: "Non é abuso, é violación"
Por Cristina Saiz & Natalia Puga |
-
Convocan unha concentración para este luns na Audiencia Provincial contra a sentenza á "Manada de Manresa"
Por Redacción |
-
Colectivos feministas chaman a tinxir Pontevedra de violeta na noite do 20 de setembro
Por Redacción |
-
Pontevedra alza a voz tras o asasinato machista de Vilalba: "Estamos na rúa porque non aturamos máis"
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
Investigan unha denuncia por agresión sexual a unha menor de Marín
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
O feminismo pontevedrés sae á rúa tras o asasinato de Valga: "Por María José, por todas"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
As mulleres de Pontevedra, preparadas para parar o mundo
Por Redacción |