Sorprenden ata catro veces a un home vendendo droga na Ferrería
Por Redacción
A Policía Local de Pontevedra detivo un home de 51 anos ao que sorprendeu vendendo haxix no ámbito da praza da Ferrería. Os axentes comprobaron as súas transaccións de droga a diferentes clientes en catro ocasións.
A investigación comezou tras recibir numerosas queixas de veciños ante o aumento da venda e do consumo de droga na zona, polo que se estableceu un dispositivo de vixilancia.
Os axentes documentaron a habitual concentración de persoas na Ferrería, especialmente polas mañás, que consumen diversas substancias prohibidas, sobre todo haxix.
Así, o pasado 31 de maio e pouco antes das nove da mañá, a Policía observou que ata o lugar achegouse un home en ciclomotor que lle entregou cartos.
Tras falar con el, o agora detido foi ata un árbore dos Xardíns de Casto Sampedro e colleu un recipiente de cor branco que estaba agochado entre as ramas. Despois de sacar algo do interior, volveu a colocalo onde estaba e entregoulle o extraído ao comprador.
Esta operación repetiuna outras tres veces con persoas diferentes.
Tres días despois, tras comprobar que se trataba de venda de droga, o home foi detido por un presunto delito contra a saúde pública na modalidade de tráfico de drogas. Interviñéronlle preto de 42 gramos de haxix.