Multa de 750 euros para un marinense que non recolleu as cacas dos seus cans
Por Oskar Viéitez
A Policía Local de Marín impuxo unha multa de 750 euros a un marinense que non recolleu as cacas que os seus cans deixaron na rúa.
Segundo informou o Concello de Marín, os feitos sancionados tiveron lugar o pasado 14 de abril. A Policía Local abriu unha acta de denuncia administrativa a unha persoa que, ao ser sorprendido por dous axentes cando os seus cans cagaban na rúa, comezou a camiñar sen deixar de terminar aos animais, polo que foron deixando cacas por varios puntos da vía pública.
A multa imposta é a máxima cun importe de 750 euros.
Desde o Concello de Marín piden civismo aos donos dos cans, e instan a estas persoas a que senón queren facer as cousas polo ben común, que o fagan polo medo a ser multados.