Marín decláralle a guerra ás cacas de can
Por Redacción
O Concello de Marín presentou este xoves unha campaña de concienciación dirixida aos donos de cans que non recollen os excrementos das súas mascotas.
A campaña desenvolveuse coa colaboración da Fundación Xoán XXIII e do debuxante Luís Davila, O Bichero.
Davila é o autor do material gráfico elaborado para a ocasión e que foi colocado en diferentes puntos do municipio.
O seu obxectivo é tentar que os donos que non recollen as cacas dos seus cans comprendan o prexuízo que isto provoca aos seus veciños, ademais de ser un foco de posibles infeccións e supoñer unha mala imaxe da vila.
Ademais de todos estes inconvenientes, o Concello lembra que non cumprir con este deber cívico pode supoñer multas de ata 750 euros para os infractores.
Relacionadas:
-
RADIO.- Chequeamos a lei de benestar animal antes da súa entrada en vigor este mes de setembro (I)
Por Marisa Ciordia |
-
"Limpa o pisete nun periquete", a campaña de Marín contra os ouriños dos cans
Por Redacción |
-
Multa de 750 euros para un marinense que non recolleu as cacas dos seus cans
Por Oskar Viéitez |