A Festa da Raia despachou na Lonxa 2.904 racións
Por Oskar Viéitez
A XXIV Edición da Festa da Raia en Portonovo, congregou a miles de persoas durante esta fin de semana. Un total de 2.904 racións foron servidas nas instalacións da Lonxa para celebrar esta festa gastronómica. Un dato que supera ao do ano 2018 en case 500 pratos máis.
O prato estrela da festa continúa sendo a raia en caldeirada, pero tamén tiveron moito éxito o salpicón de raia, a empanada e as croquetas.
A ruta do "Petisco e raia" tamén superou as cifras do ano pasado con 1.760 tapas vendidas, superando en 60 á do ano pasado.
O goberno quere agradecer aos locais da vila a súa implicación e colaboración e anima aos demais establecementos a que se somen ás sucesivas convocatorias da ruta. En xeral, a maior parte deles fan unha valoración moi positiva en canto ás racións vendidas e o ambiente durante a fin de semana.