Viascón estrea unha Casa do Pobo renovada e accesible
Por Redacción
A reforma integral da Casa do Pobo de Viascón, en Cerdedo-Cotobade, está finalizada e conta cunha planta baixa máis moderna e accesible, despois da mellora das instalacións para garantir a accesibilidade das persoas con discapacidade.
Segundo informou o Concello a través dun comunicado, as obras enmárcanse no Plan Municipal de Centros Veciñais, deseñado polo goberno local para poñer en boas condicións ou construír –nos casos en que sexa necesario– os locais de todas as parroquias.
No caso da Casa do Pobo de Viascón, a actuación estivo orzamentada en 30.000 euros e executouse en apenas cinco semanas. As obras empezaron unha vez rematado o novo parque infantil situado fronte ao inmoble.
A actuación realizouse só na planta baixa, na que se acometeu un proxecto integral de modernización co cambio de toda a carpintaría interior e exterior, a adecuación do aseo a persoas con discapacidade, o pintado de todo o seu interior e outras pequenas melloras.
Tamén se acometeu a conexión deste inmoble sociocultural coa rede municipal de sumidoiros para que conte cun axeitado servizo de saneamento e subministráronse catro mesas e vinte cadeiras para favorecer o desenvolvemento das distintas actividades.
No marco do Plan de Centros Veciñais só quedan pendentes actuacións en catro zonas: Tenorio, Fentáns, Corredoira e Carballedo..
Relacionadas:
-
A Casa do Pobo de Corredoira xa é de propiedade municipal
Por Redacción |
-
Licitan o acondicionamento interior da Casa do Pobo de Cutián
Por Redacción |
-
A parroquia de Valongo, en Cotobade, terá un novo parque infantil
Por Redacción |
-
Viascón agarda recibir 1.200 comensais na súa sexta Festa do Becerro Ecolóxico ao Espeto
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade iniciará en breve a reforma da Casa do Pobo de Viascón
Por Redacción |