A avaría dun veleiro de Moaña frustrou a entrada nas Rías Baixas de 3.400 quilos de cocaína
Por Natalia Puga
Unha avaría no veleiro 'Pisapo' procedente de Moaña precipitou a operación antidroga Albatros, na que o GRECO e outras unidades da Policía Nacional e Vigilancia Aduanera conseguiron deter 24 persoas (os 22 dos que se falou nas últimas semanas e dous máis que xa non pasaron polo xulgado, quedaron libres) e evitar a entrada no mercado negro de 3.400 quilos de cocaína que viñan de Venezuela en dirección ás costas das Rías Baixas.
Os detalles achegáronos este xoves o comisario xefe da Udyco central, Eloy Quirós, e o secretario de Estado de Seguridade, Francisco Martínez, mentres prenciaban a chegada do pesqueiro Riptide coa droga ao porto de Vigo e o desembarco dos 113 fardos de cocaína e dos cinco tripulantes (o capitán coreano e os mariñeiros indonesios) que viaxaban a bordo do buque cando foi abordado polos GEO a bordo do Petrel de Vixilancia Aduaneira cando estaban a 1.700 millas de Canarias.
Os responsables policiais explicaron que o buque de bandeira senegalesa (aínda que no momento da abordaxe non levaba identificación) partira de Venezuela e quedara en alta mar co Pisapo, pero e a averia frustrou os plans da organización.
Mentres os narcotraficantes buscaban un segundo barco para substituílo, produciuse a abordaxe, a detención da tripulación e a incautación de 3.400 quilos de cocaína e dunha importante cantidade de diñeiro en dólares. Ao día seguinte abordouse en Moaña o veleiro avariado e foron detidos os seus tres tripulantes, que ingresaron en prisión (en total houbo 17 encarceramentos dos 22 detidos).
Houbo unha segunda avaría na operación. O buque ama se estrago mentres esperaba polo desembarco da droga, de modo que xa estaba a punto de dar media volto, "se iba a Venezuela, pensaban aplazar durante un tiempo la operación", pero antes chegou o Petrel, que contou para a abordaxe coa axuda de avións do Exército do Aire.
Tanta avaría pode levar a falar de chapuza por parte dos narcos, pero o responsable de Udyco central asegura que "de chapuza nada, puede ser de mala suerte", xa que os barcos que se utilizan para este tipo de operacións adoitan estar xa para o despezamento. Indica que se non chegan a aparecer as autoridades españolas "podían haber culminado la operación" e, como todos os mandos que este xoves se deron citan en Vigo, insiste no "decisiva" que foi a colaboración internacional, en particular, da Drug Enforcement Administration (DEUSA) de Estados Unidos e a Serious Organised Crime Agency (SOCA) británica.
Os líderes de toda esta operación eran "de O Salnés", aseguran os investigadores. Tambien moi coñecidos das Forzas de Seguridade. "La red en Galicia es para tomarla muy en serio porque hay nombres históricos que llevan muchos años traficando con cocaína, pertenecían a una organización muy importante que había en Galicia", explicou Eloy Quirós.
Non achegan nomes, pero si transcendeu que entre os que caeron nos 10 rexistros e 19 arrestos "coordinados y simultáneos" realizados en terra en Ourense e en Oia, Vigo e O Salnés se encontra Marcos Vigo, vinculado ao clan dos Charlín e que estaba a ser investigado dende hai anos, pero nunca caera por delitos vinculados por estupefacientes; José Luis Viñas Morgade, 'Manzanita', con antecedentes na 'operación Nécora', ou Antonio Carballa Magdalena, que ingresou en prisión por narcotráfico por primeira vez en 1983 e hai menos dun mes volveu ser condenado por branqueo de diñeiro procedente do narcotráfico. Ramiro Vázquez Roma, Francisco Javier Suárez Suárez ou Manuel Rodríguez Conde, coñecido como 'Manolito Rotonda' complenta a lista.
Todos se integraban nunha organización que "tenía una estructura con tres grupos perfectamente definidos". Por un lado, os provedores de cocaína en Venezuela, que tiñan un enlace desprazado en Galicia que logrou ser detido na mañá do 30 de maio cando estaba a punto de coller un voo con dirección a Caracas no aeroporto de Santiago. A segunda pata era o grupo galego que coordinaba a entrega e a recollida da droga en alta mar e o seu posterior traslado a terra para a súa distribución. O terceiro elemento era o grupo que se encarga da loxística, de conseguir as embarcacións para executar a operación a través de lanchas rápidas, veleiros e un pesqueiro.
Esta operación tamén puxo de novo en primeira liña de acción un sistema de narcotráfico que cría en horas baixas fronte á proliferación do metodo de envío de droga en colectores, o uso de grandes buques. "El viejo método del barco nunca lo han dejado, si bien es cierto que ha habido una época, a raíz de dos operaciones importantes en Galicia, Giga y Tabaiba en 2009, en que había descendido mucho este sistema porque las detenciones en aquella época fueron muy importantes y fueron muchas", explicou Quirós,"sí hemos visto nosotros y en toda Europa un aumento considerable del número de contenedores, pero no quiere decir que se haya abandonado este sistema de buque nodriza".