Nodosa ten seis novas construcións navais en bancada
Por Redacción
O estaleiro de Nodosa afronta nestes momentos a construción de seis unidades pesqueiras simultáneas de distintos tamaños e para distintos países.
O sistema de traballo do estaleiro marinense conta con máis de 300 profesionais, que abarcan todo o proceso de construción dos buques, incluíndo o seu deseño.
Esta empresa recibiu a visita do secretario xeral de Industria e Peme, Raúl Blanco que acudiu acompañado da conselleira delegada de Pymar, Almudena López. Este encontro está enmarcado nunha toma de contacto coas empresas punteiras nos sectores produtivos máis importantes do país.
A subdelegada do Goberno, Maica Larriba tamén participou nesta visita na ue tiveron ocasión de percorrer xunto aos responsables de Nodosa as distintas bancadas e barcos que actualmente están en construción no estaleiro.
Así puideron comprobar a bordo os traballos de armamento dunha unidade de pesca para augas de Malvinas, que aínda se atopa en bancada, e dun barco terminado para un armador alemán que faenará en augas do Mar do Norte.
Relacionadas:
-
Nodosa, entre as principais adxudicatarias do PERTE naval
Por Redacción |
-
Nodosa recibirá o Premio Honorífico da XXVI edición do Premio Xove Empresario
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Núñez Feijóo ve a Nodosa como referente do "exemplo de superación e de éxito" dos estaleiros galegos
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |