As chuvias febles aparecerán durante o inicio da Semana Santa nas Rías Baixas
Por Redacción
Este venres, Galicia permanece baixo a influencia dun anticiclón, que permite unha xornada de tempo seco e de sol, con temperaturas que pasan dos 6 graos de mínima ata os 19 de máxima. Os ceos estarán pouco nubrados ou despexados en xeral, en toda Galicia. O vento soprará frouxo de compoñente leste, con réxime de brisas no litoral, segundo o servizo de Meteogalicia.
Esta situación cambiará este sábado 13. as Rías Baixas comezarán a perder a influencia anticiclónica debido á proximidade dunha fronte cálida do Atlántico. Os ceos pasarán a estar nubrados na zona oeste da comunidade autónomo. É posible a presenza de choivas débiles ao longo da tarde. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso situándose entre os 9 e os 20 graos. O vento soprará de compoñente sur, frouxo en xeral e moderado na costa.
O domingo, os ventos do sur seguirán achegando moita humidade ás Rías Baixas deixando unha xornada de ceos cubertos con posibilidade de choivas débiles. As temperaturas mínimas experimentarán un notable ascenso alcanzando os 13 graos mentres que as máximas manteranse ao redor dos 20 graos. Os ventos manteranse de compoñente sur, con máis intensidade no litoral atlántico.