A protesta de transportistas de Ence provoca retencións na circunvalación da autoestrada
Por Diego Espiño
Unha caravana de camións percorreu este xoves a circunvalación da autoestrada en Pontevedra en protesta pola situación de incerteza que pesa sobre Ence polos recursos contenciosos interpostos contra a Orde Ministerial que outorgou a prórroga da súa concesión.
Os transportistas vinculados ao sector forestal mostraron así o seu enfado ante a precarización que, entenden, supoñería nos seus postos de traballo o peche da pasteira.
Percorreron en varias ocasións o traxecto que separa o complexo industrial de Lourizán e o nó de bombeiros, provocando a súa entrada e saída en bloque á autoestrada momentos de retención no viario, chegando a parar o tráfico rodado.
A súa entrada e saída en bloque á autoestrada provocou momentos de retención no viario, chegando a parar o tráfico rodado.
#RETENCIÓN nivel ROJO en AUTOPISTA / AUTOVÍA #AP9 (pk 132 al 129 creciente) PONTEVEDRA #DGTPontevedra #DGT https://t.co/VjzkbObNh9
— D.G.T. (@InformacionDGT) 11 de abril de 2019
A protesta prolongouse durante aproximadamente unha hora.
A idea do colectivo era realizar unha manifestación cos seus camións percorrendo parte do centro urbano de Pontevedra, pero os permisos para a mesma foron denegados por parte da Subdelegación do Goberno para os vehículos de máis de 10 toneladas baseándose nun informe da Policía Local, xa que unha ordenanza municipal prohíbe o paso de camións desa envergadura polo centro da cidade.
Relacionadas:
-
O comité de empresa de Ence intentará abordar a Pedro Sánchez no seu mitin en Vigo
Por Nacho Fuentes & Anxo Lourido |
-
O sector forestal advirte que o peche de ENCE abocaría a Galicia a ser a "leñera de Europa"
Por Alejandro Espiño |
-
Tenso debate no Parlamento de Galicia, que rexeita o "cambio de criterio" da Avogacía do Estado na prórroga a Ence
Por Redacción |
-
Carme da Silva ve "presións" políticas e económicas detrás do apoio das confrarías a Ence
Por Alejandro Espiño |
-
Transportistas de ENCE protestarán cunha caravana de camións
Por Oskar Viéitez |