Pablo Pereiro, non, non, erro. Carlos Pereiro, - ("por que me din que teño cara de Pablo?") -, é Licenciado en Xornalismo e exerce a profesión, aínda que se ve no futuro como docente, que é para o que está a preparar Oposicións. Ademais, Carlos é creador e xestor da revista dixital 'Morcego' onde dá renda solta á súa eu 'gamer'. Unha afección que comezou de neno xogando cun primo seu e unha Nintendo Game Boy, lembra en PontevedraViva Radio.
E Carlos, Charlie para alguén de máis confianza ou que o coñecera no mundo musical, foi integrante durante unha década da banda pontevedresa Que Desilusión!; aínda que primeiro foi membro de Batea Negra. O rock & roll é o seu, herdanza paterna, quen ás súas dúas criaturas poñíalles Bruce Springsteen. Na adolescencia un profesor de música da Xunqueira, Miguel, ofreceulles aprender a tocar a guitarra. E xa non soubo parar. A día de hoxe di que conta con outro ou nove guitarras.
Outra curiosidade de Pereiro, comezou a aprender chinés cun profesor nativo que vivía en Pontevedra. E un trinomio que trata de completar: o que conforman: diñeiro, tempo e saúde. Se lido así non o entendes, escoita A Playlist. A música corre a conta de Pablo, perdón, de Carlos.